Xulgado un home acusado de violar a unha menor nunha festa en Noia

Por E.P. | A CORUÑA | 11/05/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 16 o xuízo contra un home acusado de violar a unha menor nunhas festas dunha localidade situada no partido xudicial de Noia, en agosto de 2017, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O Ministerio Público pide trece anos e medio de cárcere e oito anos de liberdade vixiada para o home por uns feitos que se produciron na madrugada do 5 de agosto de hai dous anos, día no que a menor estaba no campo da festa en compañía dunhas amigas.

Nun momento determinado atopouse co procesado, maior de idade, sen antecedentes penais, quen lle pediu falar en privado con ela, quedando os dous sós. O procesado entón colleuna en brazos e levouna a unha zona escura, comezando a bicala e realizar tocamentos, segundo sinala no seu escrito de cualificación a Fiscalía.

Ademais, indica que "opóndose ás pretensións do procesado", a menor "empuxouna sen conseguir desasirse debido á maior fortaleza do procesado, á vez que seguía bicándoa". Nun momento determinado o home "deulle a volta violentamente" e consumou a agresión sexual. Despois, fuxiu do lugar ao decatarse da presenza dunha persoa.

Como consecuencia do sucedido, a moza sufriu "laceraciones". Tamén requiriu atención psicolóxica e tratamento psiquiátrico debido a un trastorno ansioso-depresivo e aos síntomas dun trastorno de tensión postraumática.

esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,
esposa, detido, detención, liberdade de espresión, liberdade de expresión, censura,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta