150 socios galegos na banca ética de Fiare

O colectivo xa sumou 30 millóns de euros en depósitos a nivel estatal. Mañá martes reúnese na Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 16/01/2012 | Actualizada ás 14:47

Comparte esta noticia

O vindeiro martes, 17 de xaneiro de 2.012, haberá a resentación na cidade da Coruña do proxecto FIARE de Banca Ética. A Asociación Fiare Galiza, no capítulo de socios, conta na actualidade con máis de 125 persoas físicas e 25 persoas xurídicas, entre as cales están, entre outras, Adega, Ais O Peto, Altermundo, Arela, Amarante, Asociación Xuvenil Abertal, Coordinadora Galega de Ongd's para o Desenvolvemento, Enxeñería sen Fronteiras, Irimia, Sociedade Galega de Educación Ambiental, Sindicato Labrego Galego, Solidariedade Internacional, Verdegaia e Zocamiñoca.

FIARE é un proxecto que nace no 2.003 para a promoción da banca ética, e xa desde 2.004 FIARE funciona en toda España como prestadora de servizos financeiros, como axente da Banca Popolare Etica.

A nivel estatal, o aforro recolleito polo proxecto FIARE xa ten superado os 30 millóns de euros, segundo datos de agosto de 2.011.

O crecemento na promoción do aforro das organizacións e familias permitiu dispor duns recursos que se destinan ao financiamento de proxectos transformadores, é dicir, fixo posible outorgar créditos a proxectos sociais do terceiro sector e de economía social, de xeito que a 31 de agosto de 2011, FIARE concedeu financiación a máis de 160 proxectos, por un valor que ascende a máis de 26 millóns de euros.

Características de FIARE como a toma de decisións participativa, a transparencia, o filtro ético das entidades financiadas, a actuación ao servizo da xustiza, a participación de redes cidadáns e a actividade rendable pero non lucrativa, teñen animado a que nestes intres, a nivel estatal, case 300 organizacións e entidades e máis de 2.000 persoas estean a apoiar o proxecto FIARE de Banca Ética.

A reunión, organizada polo grupo local da Coruña, terá lugar ás 20:30 hs. no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa dos Olmos, nº 16-18,
1º, desta cidade, e contará coa presencia de Raúl Asegurado, presidente da Asociación Fiare Galiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Guillermo Rodríguez Fdez.

Ánimo e adiante!! A ver se rematades con este rabaño, larada de marráns que todo o devoran en beneficio dos seus propios bandullos, e non dan engordado. Unha banca ética, xusta e democrática é o que fai falta para sair deste burato onde nos meteron os de sempre; os que sempre gañan e nunca perden. Gustaríame poñer o meu grau de area nese proxecto; obviamente de maneira testimonial xa que non son potentado e os meus recursos son moi limitados.

1 Maria S.

Non é necesario ser un "potentado" para participar en FIARE (eu son socia en non me sobra nada). Moito ánimo a ti tamén e atrévete a participar !!, ainda que só sexa espallando a nosa presenza, sensibilizando, buscando novas persoas que se queran achegar a facer as cousas doutro xeito millor.

2 Guillermo Rodríguez Fdez.

Maria, se xa es socia por que non me facilitas un correo da propia FIARE para eu conectar? Grazas.

3 Maria S.

Podes conectar con Fiare Galiza na páxina http:/fiaregz.wordpress.com. Alí atoparás a maneira de informarte, plantexar suxerencias e dubidas, deixar as tuas mensaxes, poderas suscribirte e recibir artigos. Espero que te sirva. Apertas

2 Guillermo Rodríguez Fdez.

Ánimo e adiante!! A ver se rematades con este rabaño, larada de marráns que todo o devoran en beneficio dos seus propios bandullos, e non dan engordado. Unha banca ética, xusta e democrática é o que fai falta para sair deste burato onde nos meteron os de sempre; os que sempre gañan e nunca perden. Gustaríame poñer o meu grau de area nese proxecto; obviamente de maneira testimonial xa que non son potentado e os meus recursos son moi limitados.

1 jos

Parabéns às pessoas que conformam FIARE. O cooperativismo no âmbito do crédito é uma mostra de madureza e soberania.