Alertan en Coruña de "falta de persoal" en Correos para xestionar o voto por correo

O número de contratos de reforzo de Correos para toda a provincia da Coruña son 23 contratos a tempo completo e 20 a tempo parcial, con xornadas de 4 horas, deles "unicamente dúas persoas para reforzar o servizo de Atención ao Cliente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2019 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O Comité de empresa e a Xunta de Persoal de Correos na provincia da Coruña alertaron este xoves de falta do persoal necesario para levar adiante a xestión do voto por correo e a repartición da propaganda electoral, unha situación da que responsabilizaron á dirección.

A contratación para esta campaña, apuntan, "está a ser totalmente insuficiente e precaria", polo que instan á dirección de Correos na provincia "a efectuar inmediatamente os contratos necesarios para levar a cabo o servizo do voto por correo e a xestión da propaganda electoral coa calidade esixida, evitando os atrasos e as colas de vividas nas eleccións de abril".

O número de contratos de reforzo de Correos para toda a provincia da Coruña son 23 contratos a tempo completo e 20 a tempo parcial, con xornadas de 4 horas, deles "unicamente dúas persoas para reforzar o servizo de Atención ao Cliente".

"O cadro de persoal de Correos neste ámbito é de 1.500 persoas, o que supón que o persoal unicamente aumenta nun escaso e de xeito evidente insuficiente 2% ante unha campaña electoral que chega a quintuplicar durante días a carga de traballo diaria de calquera repartidor", apuntaron.

Oficina de Correos
Oficina de Correos | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta