Pacientes de cancro de mama defenden as doazóns de Amancio Ortega e piden a outros empresarios "seguir o exemplo"

A Federación Española de Cancro de Mama (FECMA) sae en defensa do labor da fundación do fundador de Inditex.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 22/05/2019 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

A Federación Española de Cancro de Mama (FECMA), xunto coas 45 asociacións de mulleres que están integradas, mostraron a súa "satisfacción" polas doazóns realizadas pola Fundación Amancio Ortega para a actualización tecnolóxica de equipos oncolóxicos de última xeración, como mamógrafos dixitais con tomosíntese ou os aceleradores lineais avanzados.

Defenden este tipo de mecenado tras as críticas realizadas polo secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, que definiu estas doazóns como "esmola dos millonarios".

Amancio Ortega
Amancio Ortega | Fonte: @TVGalicia

Así, as mulleres pacientes de cancro de mama animan a outros empresarios a que "sigan o seu exemplo", xa que estas tecnoloxías "son unha garantía para o diagnóstico, sobre todo, en casos de recidivas".

"Estas iniciativas de mecenado axudan a cubrir espazos onde non chega a Administración e a garantir a sustentabilidade do noso sistema público sanitario. A Federación apoia todas aquelas iniciativas de mecenado que vaian encamiñadas a implantar novas tecnoloxías nos hospitais públicos do noso país, xa que axudarán a mellorar os índices de supervivencia en cancro de mama", reivindican, aínda que puntualizan que apoian os programas de detección precoz e a carteira de servizos "única, común e equitativa" de prestacións oncolóxicas no Sistema Nacional de Saúde (SNS).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Zaratroita

Así, así, pidide ós ricos o que a Xunta non vos dá. De pagar impostos xustos, non evadir cartos, prevaricar ó político, limpar a súa imaxe social, facer inxeñería financieira, vivir en paraisos fiscais, explotar ó terceiro mundo, etc xa falamos outro día. A sanidade que a financien os ricos, xa sabemos todos que son moi bos, moi solidarios e moi desprendidos... sobre todo cando "subvencionan" a ises políticos que logo se esquecen de vós e privatízanvos a sanidade. Seguide votando neoliberalismo ppsoecsvox e logo cando teñades que pagar ata por pisar urxencias (como nos USA) lembrade levar moito efectivo ou tarxeta de crédito saneada...

1 Dr Bacterio

A Sanidade Pública, se financia con diñeiro PUBLICO , e ten o nivel de recoñecemento mundial, sen as faragullas de Amancio Ortega