Confusión nas papeletas envíadas a domicilio polo PSOE

Abel Caballero alertou aos veciños para que "non se fíen" e que comproben que a papeleta que recibiron "é a que ten a Abel Caballero no número uno", porque nalgunhas figura por erro a candidatura das Neves.

Por E.P. | VIGO | 22/05/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia



O alcalde de Vigo e candidato á reelección, Abel Caballero, fixo este mércores un chamamento aos vigueses para que "revisen" as papeletas do PSOE que chegaron aos seus domicilios, en sóbrelos de propaganda electoral da súa candidatura, xa que por erro, neses sobres, en lugar de incluírse a papeleta de Vigo, introduciuse a dos socialistas das Neves (Pontevedra).

En declaracións aos medios, o candidato olívico pediu aos veciños que "non se fíen" e que comproben que a papeleta que recibiron "é a que ten a Abel Caballero no número uno". "Se é a de Abel Caballero é a boa. Revisade que o nombrecito que apareza primeiro sexa Abel Caballero, que esa é a papeleta mellor", proclamou, á vez que sinalou que o erro foi detectado no barrio de Castrelos, pero non descarta que poida haber máis papeletas intercambiadas.

Por outra banda, Abel Caballero tamén fixo un chamamento aos seus votantes a participar nos comicios do domingo, e pediu "que ninguén dea por feito que xa se gañaron as eleccións porque as enquisas dean moi ben". "Hai que votar, ninguén pode quedar sen votar", insistiu.

O candidato tamén aseverou que el non pide o voto para o PSOE, nin sequera para a lista de Abel Caballero, senón que pide "o voto para Vigo". "Que busquen a lista que é de Vigo, porque nós somos a lista de Vigo", rematou.

Abel Caballero admite un erro nas papeletas do PSOE en Vigo
Abel Caballero admite un erro nas papeletas do PSOE en Vigo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

O Caudillo de Vigo ten medo ao sabotaxe das papeletas...? Basta ver o que fixo nestes catro anos para saber a quen non debemos votar nunca máis... https://i.gal/gamelaVD Pero non tódolos vigueses len GC / ni siquera XdV / lástima de bois...