O BNG de Noia denuncia á Consellería de Infraestruturas e Portos de Galicia por anuncios en campaña

O BNG presentou denuncias na Xunta Electoral contra o PP, a Consellería de Infraestruturas e Portos de Galicia polos acordos anunciados este mes e que considera que vulneraron a lei electoral.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O BNG presentou denuncias na Xunta Electoral contra o PP, a Consellería de Infraestruturas e Portos de Galicia polos acordos anunciados este mes e que considera que vulneraron a lei electoral ao realizarse no período de campaña para os comicios municipais do 26 de maio.

En concreto, o representante do BNG en Noia, Bieito González Domínguez, fai referencia, por unha banda, á firma dun convenio entre o concello e a Consellería de Infraestruturas, que supón o investimento por parte da Xunta de 150.000 euros na depuradora de Noia. En segundo lugar, refírese ao acto realizado no propio concello entre o presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, coa firma dun protocolo de actuación para obras de reurbanización de parte da zona portuaria de Noia.

Ante isto, o BNG valora que "tanto a firma do protocolo como o anuncio do investimento na depuradora teñen contido electoralista e así está a ser utilizada polo Partido Popular de Noia, aproveitando o Goberno da Xunta e a presidencia de Portos de Galicia de forma partidista", "crebando os principios de obxectividade, igualdade e imparcialidade que, sobre todo, en período electoral debe rexer as actuacións de todas as institucións públicas".

No seu comunicado, os nacionalistas sinalan que a Administración non ten que pararse en campaña electoral, pero "neste período ningún candidato pode prevalerse do seu cargo público, para tentar tirar vantaxe sobre o resto dos candidatos e candidatas que en boa liza compiten na carreira electoral".

BNG denuncia por publicidade en camapaña
BNG denuncia por publicidade en camapaña | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta