Villares recoñece o traballo de Ferreiro e di que lles corresponde a Noriega e Suárez decidir o seu futuro

"A Coruña queda eticamente mellor situada que cando tivemos oportunidade de coller ese goberno", dixo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2019 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, mostrou o seu "recoñecemento do traballo feito" polo alcalde en funcións da Coruña, Xulio Ferreiro, tras o anuncio da súa marcha da primeira liña política, que considera unha decisión "respectable".

"Tras o mandato de Marea Atlántica na cidade da Coruña queda unha cidade eticamente mellor situada que cando tivemos oportunidade de coller ese goberno", asegurou, pois cre que "non se fala de corrupción" nin "dos recortes" do PP.

En declaracións aos medios, o portavoz de En Marea asegurou que "ese mandato marcará un punto e aparte na política municipal, non só coruñesa, senón en toda Galicia". Así, dixo "lamentar a perda de tempo" para "establecer a execución do modelo de cidade para seguir seducindo" á cidadanía coruñesa.

Preguntado sobre se deben marchar o alcalde en funcións de Compostela Aberta e Ferrol en Común, Martiño Noriega e Jorge Suárez, tras perder as eleccións, Villares limitouse a dicir que: "Cada quen ten que tomar a súa propia decisión e a súa reflexión correspóndelles a eles, non a min".

26M-M.- Villares Recoñece O Traballo De Ferreiro E Di Que Lles Corresponde A Noriega E Suárez Decidir O seu Futuro
26M-M.- Villares Recoñece O Traballo De Ferreiro E Di Que Lles Corresponde A Noriega E Suárez Decidir O seu Futuro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta