Fóra de nós

A crise foi nesta ocasión a coartada para que o PP a través do seu Ministro de Exteriores no estado español, abrirá un debate recurrente: debe Galiza ter representación propria a nivel internacional a través de delegacións, ou debe deixarse na política exterior que leve a cabo o Estado español?.

Por Ana Miranda | Bruxelas | 06/02/2012

Comparte esta noticia
No BNG non temos dúbida algunha: o noso país debe ter representación exterior de seu con auténticas delegacións que actúen na defensa dos nosos intereres como nación, dos sectores produtivos, cultura, empresas e do conxunto da cidadanía.
 
En situacións de crise esta representación é máis necesaria ca nunca para identificar necesidades e oportunidades, para posicionarnos na defensa do país, para axir tomando a iniciativa, desbrozando posibles camiños. Se non tes presenza en determinados foros, simplemente deixas de ser tido en conta e perdes oportunidades como país, algo que non podemos, nen queremos, permitirnos.
 
E máis, a representación exterior é unha cuestión identitaria para unha nación que, como a nosa, ten vocación internacional e aspira a ter voz propria no mundo. Para o BNG, ter presenza propia no exterior non é só unha estratexía que favorece a nosa economía, senón tamén unha cuestión de identidade nacional.
Relegar a acción exterior de Galiza a unha presenza de prestado nas embaixadas españolas sería unha renuncia que mermaría a nosa soberanía.
Outra cousa ben diferente é medir a eficacia das nosas delegacións no exterior. Por exemplo,  o caso da “Fundación Galicia Europa” en Bruxelas, localizada no cerne das institucións comunitarias e que non está a cumprir os obxectivos para os que foi creada cun orzamento moi superior ao da media de representacións semellantes con máis poder político.
 
Galiza debe ter respresentación exterior, con auténticas delegacións, como teñen outras nacións sen estado como Gales, Euskadi, Catalunya ou Escocia, delegacións eficaces. Usar a paradiplomacia política, económica, cultural e social, que sitúe a nosa nación no mundo, e que enlace o mundo co noso país no plano identitario, económico, cultural e das relacións internacionais. Co marco legal existente, a carencia de competencias exteriores e de competencias exclusivas, non da para moito. Por eso, o Ministro García Margallo, decísmoslle que non todo vale por aforrar para destruir a identidade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA