Xulgan en Pontevedra a unha muller acusada de cobrar durante vinte anos a pensión do seu avó falecido

A acusada non comunicou á entidade bancaria nin á Seguridade Social o falecemento do seu avó, que tivo lugar en xaneiro de 1996.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/06/2019 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro xoves, día 13, a unha veciña da Estrada acusada de cobrar de forma irregular durante 20 anos a pensión de xubilación do seu avó falecido.

Segundo recolle o escrito de acusación de Fiscalía, a muller non comunicou á entidade bancaria nin á Seguridade Social o falecemento do seu avó, que tivo lugar en xaneiro de 1996, e, "con intención de obter un beneficio patrimonial", foi retirando durante 20 anos as cantidades ingresadas na conta do falecido, na que figuraba como única autorizada.

En total, o Ministerio Público calcula que foron ingresados nesta conta de forma irregular algo máis de 132.000 euros entre 1996 e 2016, anos nos que a acusada "realizou múltiples operacións de reintegro en efectivo con cargo á conta na que se ingresaba indebidamente a pensión referida", á vez que "domicilió algúns recibos" alí.

Iniciado o procedemento de retrocesión, continúa, a Seguridade Social conseguiu o reintegro por parte da entidade bancaria de algo máis de 33.000 euros, correspondentes ás pensións do últimos catro anos. Para o fiscal, os feitos son constitutivos dun delito contra a Seguridade Social, consistente nun delito continuado de estafa agravada. Por iso, pide para a muller dous anos de prisión e a obrigación de devolver o diñeiro tanto á Seguridade Social como á entidade bancaria.

Audiencia Provincial de Pontevedra.
Audiencia Provincial de Pontevedra. | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pitito

Tendo en conta o presidente que ten Galicia, deberian darlle um premio a esta señora