Operación contra o augardente caseiro en Ponte Caldelas

A Garda Civil incautouse dunha partida de 170 litros de augardente clandestina.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/06/2019 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A Garda Civil incautouse dunha partida de 170 litros de augardente clandestina, de fabricación artesanal, que se estaba comercializando de forma fraudulenta no municipio de Ponte Caldelas (Pontevedra), sen ningún tipo de etiqueta nin marcas fiscais.

A actuación foi levada a cabo pola Patrulla Fiscal e de fronteiras da Garda Civil de Marín e iniciouse nunha inspección rutineira nun bar de Ponte Caldelas para comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercadoría que estaba disposta para a venda.

No transcurso da inspección, a Garda Civil localizou no almacén do establecemento ata oito garrafas con 170 litros de aguardente --dous con 20 litros cada unha de licor branco; outras catro tamén con 20 litros con augardente de herbas e outras dúas con 25 de augardente tostada cada unha--.

Os envases estaban aparentemente dispostos para a distribución e venda aos clientes do bar pero carecían de etiquetas e marcas fiscais que puidesen determinar a súa rastrexabilidade conforme á lexislación vixente.

Ante isto, os axentes incautaron preventivamente todos os envases e denunciaron ao responsable do bar por dúas infraccións administrativas tanto por carecer as bebidas con precintos fiscais como por infrinxir a Lei a persoas consumidoras.

Neste último caso, terá que resolver a delegación provincial de Sanidade da Xunta. A denuncia baséase no risco que a venda de alcol podería supor para a saúde pública, dado que ao carecer de etiquetas comerciais pérdese a rastrexabilidade do produto e non se pode coñecer a empresa responsable da súa elaboración e distribución.

A Garda Civil incautou augardente caseiro en Ponte Caldelas
A Garda Civil incautou augardente caseiro en Ponte Caldelas | Fonte: Guardia Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta