O Consello cidadán de Podemos Galicia apoia as negociacións que quere impulsar Iglesias con Sánchez

Tamén destaca o traballo que están a desenvolver as deputadas galegas no Congreso do Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/06/2019 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O consello cidadán autonómico de Podemos Galicia transmitiu o seu apoio ao proceso de negociación a nivel estatal para lograr un Goberno de cambio e progreso e puxo en valor o traballo que están a desenvolver as deputadas galegas no Congreso do Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común.

O consello reuniuse este domingo en Santiago para analizar a situación política por mor das eleccións xerais, europeas e municipais e preparar a estratexia da formación para os comicios autonómicos de 2020.

Neste sentido, o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, deputado nas Cortes, apelou á "xenerosidade" e á capacidade "de conformar unha cultura de acordos" das forzas progresistas para "reconstruír" un espazo de cambio en Galicia.

Así, coa vista posta nas eleccións de 2020, pediu ser "capaceces de dinamizar a todos os actores que comparten" o espazo de cambio con Podemos para "articular unha alternativa forte e con opcións de alcanzar a Xunta".

O Consello cidadán de Podemos Galicia apoia as negociacións para a formación dun Goberno de progreso. PODEMOS GALICIA
O Consello cidadán de Podemos Galicia apoia as negociacións para a formación dun Goberno de progreso. PODEMOS GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Dalle que libras

Ahí o tedes ó Borja San Ramón con 25 anos e xa vivindo da política

1 Gamela

as deputadas galegas no Congreso: Galicia en Común (son el e Yolanda) ¿que será o teñen en común?