Edificios e monumentos galegos iluminaranse en vermello polo Día Mundial do Doante de Sangue

O venres celebrarase unha gala de entrega de recoñecementos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Numerosos edificios e monumentos representativos das distintas cidades galegas iluminaranse de cor vermella este xoves e venres para conmemorar o Día Mundial do Doante de Sangue.

Entre eles, veranse as Torres Hedjuk do Gaiás ou a Torre de Hércules da Coruña ademais doutros como o Pazo de Raxoi compostelán, o Teatro Jofre de Ferrol, a Ponte Vella de Ourense, o Concello de Pontevedra e as Fontes da Rúa Aragón de Vigo.

Doazón de sangue.
Doazón de sangue.

As cidades galegas súmanse á celebración desta data na que se pon en valor o traballo e colaboración dos doantes de sangue e, ademais, de múltiples colectivos e entidades que colaboran estreitamente a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

De feito, o venres celebrarase unha gala de entrega de recoñecementos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e da directora de ADOS, Marisa López, entre outras autoridades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta