París, "emocionada" polo ofrecemento de canteiros galegos para axudar na reconstrución de Notre Dame

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ofreceuse a participar nas obras da catedral, destruída parcialmente por un incendio.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 18/06/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra recibiu unha resposta da Alcaldía de París na que "agradece" e "toma nota" do ofrecemento da Escola de Cantaría para participar na reconstrución de Notre Dame, parcialmente destruída por un incendio.

Incendio da catedral de Notre Dame, en Paris
Incendio da catedral de Notre Dame, en Paris | Fonte: TVE

Este ofrecemento, que partiu dos antigos alumnos da escola, foi valorado polo goberno parisiense, que expresou que se volverá a pór en contacto coa Deputación provincial tras recompilar "unha maior información sobre a avaliación das necesidades existentes".

O escrito, asinado pola delegada xeral de Relacións Internacionais do Concello de París, Patrizzianna Thiellay, en nome da alcaldesa, recolle que o ofrecemento pontevedrés "emocionou" ao goberno local, que o "agradece profundamente".

A maiores, prosegue, é "un deber que un día esta xoia volva resplandecer no corazón da Cidade da Luz".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta