Temas: GARDA CIVIL

Unha sentenza avala que o Día das Letras Galegas debe computar como festivo para a Garda Civil

Indica que deben sumarse como horas festivas no cómputo de final de mes para a retribución as feitas o 17 de maio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deu a razón aos servizos xurídicos da Asociación Unificada de Guardias Civiles (AUGC) na súa delegación de Pontevedra e avalou que o 17 de maio —Día das Letras Galegas— sexa computado como festivo neste corpo.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Arquivo Europa Press

Os servizos xurídicos da AUGC en Pontevedra levaron o caso aos tribunais despois de que, segundo indicaron, a Garda Civil declarase "como día non festivo" para o corpo o 17 de maio, que este ano se determinou como festivo recuperable, "escudándose na inexistencia" desa condición dentro da normativa da Garda Civil.

Con todo, a AUGC, a través dos seus servizos xurídicos, considerou que tanto os festivos recuperables como o non recuperables "son ambos os dous festivos", e téñense que "tratar de igual maneira" a efectos de dereitos laborais.

Esta decisión xudicial, avalada en primeira instancia e ratificada polo TSXG, determina que deben computarse como horas festivas no cómputo de final de mes para a retribución as feitas o 17 de maio, que tamén computará para a xeración de Descansos Singularizados Adicionais.

Temas: GARDA CIVIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta