A APDR denuncia que Ence utiliza o himno de Galicia "como un trapo, cando é de todos"

Leva aos xulgados de Pontevedra á pasteira por "impedir o lexítimo exercicio de manifestación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) denunciou a Ence nos xulgados de Pontevedra, ante o de garda e ante a Fiscalía, por "impedir o lexítimo exercicio das liberdades de reunión ou manifestación", tras a marcha do pasado 16 de xuño.

En concreto, o presidente da APDR, Antón Masa, en declaracións a Europa Press, explicou que a denuncia presentada este martes diríxese ao conselleiro delegado de Ence, Ignacio Colmenero, porque entende que é "o que debe buscar quen é o responsable dos feitos".

A asociación critica que a pasteira utilizase a megafonía da fábrica para "vomitar as súas bondades" e así "tratar de impedir" que se escoitase o manifesto da asociación. Ademais, censura que a música de fondo que tiña o discurso publicitario de Ence era o himno de Galicia e lamenta que o utilice "como un trapo", cando é "de todos".

Miles de persoas marchan en Pontevedra e Marín para esixir que Ence abandone a ría
Miles de persoas marchan en Pontevedra e Marín para esixir que Ence abandone a ría | Fonte: Jesús Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta