Os galegos que utilizan o autobús urbano medran, pero menos que no resto do Estado

A comunidade autónoma que máis sube é as Illas Canarias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

Os usuarios de autobús urbano en Galicia aumentaron no mes de maio ata os máis de 5,6 millóns, o que supón un 3,3% máis con repsecto ao mesmo mes do 2018. Ademais, esta cifra é un 2,9% superior á media do que vai de 2019. Con todo, segundo datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollidos por Europa Press, o aumento dos usuarios do bus urbano na Comunidade galega é inferior ao crecemento do 4,7% de toda España.

Deste xeito, Galicia convértese na quinta autonomía, empatada con Asturias, na que máis crece o uso deste medio de transporte público. En concreto, sitúase por detrás de Canarias (+7,2%), a Comunidade de Madrid (+7%), Andalucía (5,7%) e Cataluña (+5,4%). En canto ao número total de viaxeiros, a galega, con algo máis de 5,6 millóns de usuarios, é a oitava comunidade, superada por Andalucía, Aragón, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid e País Vasco.

Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo
Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta