Piden tres anos e seis meses de prisión para un acusado de abusar sexualmente dunha amiga das súas netas

Por E.P. | VIGO | 14/07/2019 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide unha pena de tres anos e seis meses de prisión para un home, que será xulgado o xoves na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, acusado dun delito de abuso sexual perpetrado contra unha menor que era amiga das súas netas.

Segundo o escrito de acusación pública, en varias ocasións durante 2018, o acusado xogaba coa menor, de 8 anos, que era amiga das súas netas, nas inmediacións a súa vivenda, situada no partido xudicial de Cambados (Pontevedra).

Ao redor das 19,00 horas do 4 de xuño de 2018, este home quedou a soas coa nena e comezou a bicala e a realizarlle tocamentos baixo a roupa no ámbito do que para ela era un xogo. A acción terminou cando apareceu a súa esposa.

O 18 de xuño dese ano, o acusado ingresou en prisión provisional, onde permaneceu ata o 1 de agosto de 2018, cando un auto acordou a súa liberdade provisional.

Por estes feitos, a Fiscalía pide a pena de prisión por un delito de abusos sexuais, así como a prohibición de achegarse á vítima ou porse en contacto con ela por un período de sete anos. Ademais, o Ministerio Público demanda oito anos de liberdade vixiada para o acusado despois do cumprimento da pena de cárcere.

Detención
Detención | Fonte: GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta