Investigado un veciño de Ames por ter catro cans en avanzada desnutrición e ao bordo da morte

Foi denunciado por un delito de abandono de tres cachorros e un adulto en condicións hixiénico-sanitarias moi deficientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Santiago investigou un veciño de Ames (A Coruña) por un suposto delito de abandono animal ao detectar que posuía catro cans --tres cachorros e un adulto-- en condicións hixiénico-sanitarias moi deficientes. Posteriormente, un veterinario certificou que se atopaban "nun avanzado grao de desnutrición".

Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames (A Coruña)
Can con desnutrición e extrema delgadez intervido pola Garda Civil de Santiago, que investiga por abandono animal a un veciño de Ames (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Segundo informa a Benemérita, foi "de vital necesidade" provelos de coidados hixiénicos sanitarios e darlles alimentación "urxente" para evitar a súa morte por inanición ou deshidratación.

Os axentes da Garda Civil procederon ao rescate e aprehensión dos cans ao observar o "grave risco para a vida" que supuña o seu estado. Finalmente, foron trasladados ao Centro de Acollida de Animais de Ames.

Por mor da investigación realizada pola Benemérita, dedúcese que a "extrema delgadez" e os "problemas de saúde" que presentaban os cans son o resultado da "falta de atención e custodia" por parte do investigado. Todo iso "non só supuxo un grave risco para a vida dos cans, senón tamén a posible xeración dun problema sanitario no lugar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta