Acordo entre o Sergas e os sindicatos para desconvocar a folga dos traballadores dos PAC sete meses despois

Os traballadores percibirán un 80% do total do incremento en 2020 e o 20% restante en 2021. Ao mesmo tempo, o pacto tamén contempla dúas dietas de manutención para os empregados que traballen os domingos, festivos e en servizo de 24 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2019 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e organizacións sindicais acordaron desconvocar a folga nos Puntos de Atención Continuada (PAC), tras sete meses de protestas dos traballadores deste servizo sanitario. As institucións e organizacións implicadas asinaron este mércores un pacto no que se recollen reivindicacións expostas polos sindicatos e que derivan na cancelación da folga indefinida que comezou en xaneiro.

Neste sentido, o novo acordo dispón unha nova distribución do incremento retributivo que se aplica por realizar noites e festivos. Así, os traballadores percibirán un 80% do total do incremento en 2020 e o 20% restante en 2021. Ao mesmo tempo, o pacto tamén contempla dúas dietas de manutención para os empregados que traballen os domingos, festivos e en servizo de 24 horas; así como dotar a todos os traballadores dos equipos de protección individual e os uniformes necesarios.

OBXECTIVOS

Por outra banda, o convenio tamén cambia os obxectivos de produtividade que tiñan marcados a PAC. O Sergas explicou nun comunicado que o feito de que os sanitarios non deriven ao hospital aos seus pacientes xa non conta como un "fin produtivo".

Ademais, o servizo sanitario galego comprometeuse a "facer un estudo do aumento da carga asistencial" para crear as prazas necesarias que proporcionen un servizo de "calidade" e a "reforzar os dispositivos de urxencias" durante eventos especiais. O último punto do acordo pasa pola creación dunha comisión de seguimento sobre ordenación e condicións de traballo do persoal médico e de enfermaría da PAC.

Traballadores de PAC de Galicia concéntrase diante do Sergas en Santiago.. PACS EN PIÉ DE GUERRA - Arquivo
Traballadores de PAC de Galicia concéntrase diante do Sergas en Santiago.. PACS EN PIÉ DE GUERRA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta