Declarado ben de interese cultural o Arquivo Fotográfico Vidal, no Museo do Mar de Laxe

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2019 | Actualizada ás 20:32

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta declarou ben de interese cultural (BIC) o Arquivo Fotográfico Vidal, situado no Museo do Mar de Laxe (A Coruña), a raíz do informe realizado pola Consellería de Cultura e Turismo que dá conta da relevancia histórica, artística e documental deste fondo.

Recoñece así o valor cultural deste fondo composto por case 60.000 fotografías e establece medidas para a súa salvagarda e valorización, xa que constitúe unha testemuña gráfica e documental de "moito interese".

O decreto implica a súa máxima salvagarda e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

Neste sentido, permitirá o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora, ao persoal investigador acreditado pola administración e ao persoal técnico designado pola administración autonómica para a realización dos informes necesarios para a súa conservación.

Fotos de Laxe do Arquivo Vidal
Fotos de Laxe do Arquivo Vidal | Fonte: Concello de Laxe

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta