Artigos de Álvaro Rodríguez

25 de xullo de Galicia, 26 de outubro de Austria

Os pobos, nacións e estados que compón Europa, e a U.E. teñen diferentes prioridades políticas, económicas e sociais. O 25 de xullo de 2018 quedou patente na Ofrenda ao Apóstolo Santiago.

A Política fronte ao Político... Réplica ao profesor AC Pereira Menault

Para Julien Freund, o político é un atributo configurador da natureza humana, co mesmo rango do real que o económico, o ético, o científico, o relixioso, ou o estético. Fronte ao Político, está a Política que pertence ao facer, e é unha actividade histórica e cambiante. O político permanece, a política pasa, muda, cambia, transfórmase, nace e morre, loita, vence e é derrotada por outra política. Así ata o fin dos tempos. O político é o inmutable, e a política é o mudable e cambiante. Por iso o home é un animal sociable ou político, e ademais que ten que selo, xa que non hai alternativa á política; (Julien Freund, A esencia do político)