O derradeiro mes de febreiro, o goberno de Mariano Rajoy completou a privatización dun 49% do capital de AENA, a empresa que se encarga da xestión dos 47 principais aeroportos españois. Aínda que o obxectivo inicial do goberno era poñer un 60 por cen da empresa en mans privadas, decidiu pospoñer a privatización de un 11% do seu capital e manter o control público da empresa coa intención de reducir a débeda da mesma -que ascende a 17.000 millóns de euros- antes de completar o plan. A maior parte desta privatización parcial se fixo mediante unha oferta pública de accións, aínda que a xestora de fondos británica TCI foi seleccionada previamente como inversor de referencia e se converteu no accionista privado con unha maior participación, un 7,47%. O goberno, que asignou a empresa un valor de 8700 millóns de euros, ingresou 4263 millóns de euros pola operación.