Sobre os puntos que defende a súa formación, o cabeza de lista da formación pola Coruña sinalou "facer fronte ao desmantelamento industrial que pon en risco unha gran cantidade de postos de traballo".
  comenta   0
A coalición En Común apela a votar para que "non durman polas noites os que mandan" e Galicia estea "no centro" do debate.
  comenta   3
A formación de Villares critica que foi o Bloque o que non "quixo negociar" para ir xuntos en coalición o 10N. Pola súa banda, Pontón di que Feijóo "está nervioso" ante as "boas expectativas" do Bloque tras as críticas do presidente galego que dixo que perderá votos se vai con Compromiso por Galicia por ter xente de Vox na Executiva.
  comenta   4
Evita confirmar se aspira a alianzas con outras forzas nacionalistas para as galegas de 2020 tras o pacto con CxG, aínda que di que Anova vai con "forzas estatais", en alusión a Podemos e EU. Aspira a que o BNG sexa "decisivo" no Congreso.
  comenta   4
Destaca que xa tiveron máis de 500 afiliacións nos últimos días e anuncian unha campaña imaxinativa posto que "non" contarán "con estudios de televisión" nin con créditos bancarios.
  comenta   7
A cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Coruña, Néstor Rego, pide "confiar" neste partido para dar "voz" a Galicia
  comenta   3
A cabeza de lista de Más País pola Coruña participou nunha entrevista realizada por alumnado de Xornalismo na USC. A candidata explicou os puntos estratéxicos do partido en Galicia.
  comenta   12
O secretario xeral de CxG, Juan Carlos Piñeiro, di que o PP teme perder votos galeguistas tras o pacto CxG-BNG para as eleccións do 10N. “Sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do Estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia”, suliña.
  comenta   4
Antón Gómez-Reino cre que "se cualifica en por si" un partido que non se presenta no catro provincias galegas
  comenta   0
O presidente da Xunta, sorprendido pola presenza de membros da ultradereita española no nacionalismo galego, critica un acordo. "Cada un fai os acordos que pode", ironiza.
  comenta   6
En total son oito cabezas de lista pola provincia doutros tantos partidos para sete escanos. En cinco provincias só hai homes nas cabezas de lista.
  comenta   0
Son tres menos que as proclamadas para o 28A debido a decisións como a de En Marea de non concorrer ou o pacto de CxG co BNG.
  comenta   0
O candidato á Presidencia do Goberno é a cabeza de lista na provincia de Ourense, Rafael Fernández.
  comenta   1
Afincado en Cataluña desde hai anos, abandonou o órgano de dirección de Podemos Galicia pouco despois de ser electo baixo a lista de Bescansa.
  comenta   1
A plataforma asegura que a exministra de Fomento é "a persoa que máis traballou para tratar de ocultar as verdadeiras causas" da traxedia. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, substitúea como cabeza de lista en Pontevedra.
  comenta   0
Os pensionistas composteláns protestan como todos os primeiros luns de mes por unhas "pensións dignas" e avanzan que acudirán a unha manifestación en Madrid o día 16.
  comenta   0
"Estamos máis que nunca nun momento de unión e isto é un ataque de só uns poucos á democracia", di o seu secretario de Organización, Laureano Bermejo.
  comenta   0
Ana Pontón e Juan Carlos Piñeiro (CxG) convencidos de que haberá presenza nacionalista en Madrid. Nin BNG, nin CxG cren que a irrupción de Más País poña en perigo que Galicia teña "voz en Madrid, tras a decisión de En Marea e Anova de non presentarse o 10N. Bloque e CxG defenden unha axenda "galeguista e nacionalista" tras o pacto acadado estes días.
  comenta   23
O rexedor compostelán lembrou que esta centralización dos populares "xa lle soa dos anos 90" co expresidente José María Aznar. "Mariano Rajoy tamén o fixo e agora vexo que o novo presidente (Casado), despois do que lle pasou hai seis meses, fai outro xiro", explicou.
  comenta   0
O membro de En Marea Pancho Casal cargou contra Más País e afirmou que nas negociacións que tiveron con esta iniciativa En Marea deuse "conta de que o que querían era establecer unha delegación en Galicia".
  comenta   2
As dúas forzas acordaron traballar xuntas de cara aos comicios nun pacto que se foi fraguando hai xa semanas. Os militantes de CxG aínda non recibiron confirmación oficial do pacto, a diferencia das comarcas do BNG. A decisión de non presentarse de Anova e En Marea visibiliza un fracaso interno e colectivo e deixan un campo electoral aberto que pode acrecentar aínda máis as opcións políticas con sede en Madrid.
  comenta   31
O exresponsable de medio ambiente da formación morada en Galicia, Daniel Liceras, será o número un de por Pontevedra.
  comenta   4
O PP recuperaría a súa hexemonía en Galicia á conta da desaparición de Ciudadanos. Con todo, o bloque progresista acadaría mellores resultados, ampliando a súa vantaxe con tres escanos máis que os conservadores, segundo Sondaxe.
  comenta   6
Desde a súa marcha de Podemos sempre mostrou o seu apoio a Errejón. Di que dá o paso "coa vontade de evitar a abstención" e defende chegar a pactos co PSOE.
  comenta   11
Rajoy subliña que non é posible gobernar sen maioría e avoga por un "pacto para catro anos" en España. "Se é de maioría, mellor; e se non é de maioría, pódense pactar os temas fundamentais", engade González.
  comenta   0
Os cidadáns "cumpren a súa función" cando votan, polo que "os representantes teñen que administrar o seu voto para facilitar un goberno estable", afirmou nunha visita á Toxa.
  comenta   0
A maior parte dos partidos do Congreso, PSOE, PP, Unidas Podemos, Ciudadanos, Vox, ERC ou Junts per Catalunya estarían a favor desta medida.
  comenta   0
A formación de Íñigo Errejón afirma que acadaría 16 escanos en todo o Estado. A súa enquisa apunta a unha vitoria do PSOE, unha suba do PP e unha baixada importante de Unidas Podemos. Non lle dá representación ao BNG, nin a ningunha outra forza nacionalista galega.
  comenta   8
Tampouco descartan que ante a necesidade de refacer as listas para a nova convocatoria electoral, se poda acometer algún "axuste oportuno".
  comenta   0
Confesan que atenderon a chamada por deferencia, pero nunca se expuxeron unha coalición polo pouco peso electoral dos de Villares. A nova forza traballa para pechar a súa candidatura na Coruña e Pontevedra. Yolanda Díaz (En Común) cualifica de "proxecto personalista" o de Errejón e di que favorece o PP.
  comenta   10
Baixa do segundo ao terceiro posto na lista de Lugo a Sonsoles López, que saíu elixida nas pasadas eleccións. Era do sector do xa dimitido Álvaro Santos, ex secretario xeral do PSdeG en Lugo, enfrontado a Gonzalo Caballero.
Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino repetirán como cabezas de lista por Pontevedra e A Coruña. Anova non irá ao fracasar "unha fronte ampla" con EU e Podemos.
  comenta   0