Canto máis aumenta a participación, máis vira a tendencia do voto cara a esquerda. Os datos das eleccións galegas contrastan, e moito, coa participación nos comicios do Estado, onde a participación é máis de 10 puntos superior a media dos procesos electorais galegos.
  comenta   1
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
Os partidos non se fían do resultado dos inquéritos. Só unha, a do CIS, apunta a unha perda da maioría absoluta do PPdeG pero, curiosamente, foi tamén a do CIS anterior aos comicios do 23X á que máis se aproximou ao que logo aconteceu no Congreso.
  comenta   0
O secretario xeral de Vox, Ignacio Garriga, recalcou que os votos á súa formación son "útiles" para afastar a posibilidade de que a esquerda goberne a comunidade autónoma.
  comenta   0