A profesora de Economía Aplicada na USC María do Mar Pérez Fra reivindica unha nova mirada cara o rural galego, afastada do paternalismo e os estereotipos, pois defende que o rural está cheo de posibilidades e conta xa con poboación e iniciativas innovadoras que son unha fonte de oportunidades inesgotable. Por iso, fai un chamado a repensar as políticas dende a realidade concreta das comunidades que o habitan.