Dende Galicia Confidencial falamos con Karina Mouriño, mestra da EEI Taboexa, que reivindica o impacto tan positivo que estas escolas teñen na sociedade galega e denuncia a insostible situación que atravesan na actualidade, moi esquecidas pola Administración e cun goteo continuo de peches ano tras ano.
  comenta   0
Trátase dun traballo de fin de grao de doce alumnos/as da EMAV, Escola de Mitjans Audiovisuals de Barcelona, que teñen previsto ambientar no rural de Monforte. Para poder facelo realidade impulsan un crowdfunding na plataforma verkami.
O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á loita do sector conseguiuse parar a creación de macrogranxas e limitar o número de animais que poden acoller as explotacións. Con todo, unha nova ameaza pon en risco ao sector: a falta de relevo xeracional. Así nolo conta Román Santalla, secretario de Gandaría da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA).
  comenta   0
Xosé Covelo, enxeñeiro de montes e director técnico da Asociación Forestal de Galicia (AFG), reivindica que "o poder unificar esas parcelas e microparcelas de propiedade particular en zonas de xestión forestal conxunta é unha fórmula que leva anos tratando de potenciarse para evitar problemas como os incendios ou o abandono".
  comenta   0
Asegura que "hai que poñer de novo en valor algo que vai na nosa condición humana, o estar xuntos, porque somos vulnerables e precisamos dos demais", pois, aínda que "nos fixeron crer que con ter un salario cada mes é suficiente, e que non precisamos dos nosos veciños, non é así, porque xuntos somos mellores".
  comenta   0
Nunha comunidade como a nosa, na que se calcula que pode haber uns 2 millóns de microtopónimos, uns 50 de media por cada quilómetro cadrado, "hai moitos que só perviven na memoria dos nosos avós e avoas, que nos van deixando e, con eles, morren centros de nomes", lamenta Vicente Feijóo, coordinador técnico do proxecto 'Galicia Nomeada' e especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
  comenta   0