Reunirá a figuras como María do Cebreiro, Guadi Galego e Abe Rábade, e o xornalista Alfonso Armada será o encargado de dar lectura ao manifesto con motivo do Día da Poesía.
  comenta   0
Será a partir do 16 de febreiro, día do nacemento do poeta. Na homenaxe participan xente do mundo das letras como Manuel Rivas, Olga Novo, Claudio Rodríguez Fer ou Ledicia Costas; músicos como Abe Rábade e Mercedes Peón, xente vinculada ao audiovisual como Alfonso Zarauza, Miguel de Lira ou Martiño Rivas, xornalistas como Antón Losada, ademais de persoas do mundo do deseño, a edición ou a educación.
  comenta   0
Davide Salvado, Abe Rábade, Ugía Pedreira... Son moitas as persoas que se uniron a esta iniciativa, que comeza este sábado e non ten data de finalización. "Se unha cousa nos move é o amor e as ganas que temos de facer música en directo e en galego", din dende a organización.
  comenta   0
Un dos grandes músicos galegos de Jazz de Galicia critica a situación na que se atopa a música e o sector das artes, en xeral. “O panorama en Galiza penso que é moi prometedor pola cantidade de xente nova con talento que vén pegando moi forte. Pero é moi preocupante a orfandade institucional -pública e privada- na que estamos instalados”, asegura nesta entrevista.
  comenta   0