Membros da plataforma Amigas das Árbores e outros colectivos veciñais e ecoloxistas concentráronse este xoves na rúa Falperra para impedir a talla de varias árbores programada polo Concello de Vigo, e os operarios acabaron por marcharse sen levar a cabo esas tarefas.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial continuamos coa nosa serie sobre especies invasoras en Galicia falando con Paula Lorenzo, investigadora da Universidade de Coimbra que nos afonda nas particularidades dunha planta procedente de Australia hai algo menos de dous séculos e que xa ten colonizada a nosa terra. Xunta ao seu equipo de investigación buscan formas de aproveitar o residuo que xera o control desta planta para sacar algo beneficioso de tantas cousas negativas que aporta, tendo en conta que "o nivel de invasión é tal que a súa erradicación xa é imposible no noroeste da Península Ibérica".
  comenta   0
Unha tese de doutoramento de Sheila F. Riveiro, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), apunta a que os incendios forestais facilitan o desprazamento de especies nativas dos montes de Galicia e Portugal.
  comenta   0