Acusan dunha "afiliación masiva de dubidosa legalidade" con carácter previo á "elección da Comisión Executiva Municipal". Afirman que un día antes de pecharse o censo electoral comunicáronse 35 novas altas, o 10 % do censo.
Os dous edís do PSdeG en Santiago auséntanse do pleno ao non abordarse o paso a non adscritos dos expulsados. O PP di estar ante "a descomposición en directo" do pacto de gobernabilidade e a alcaldesa rexeita "provocar enfrontamentos".
"Non temos ningunha cuestión que nos faga pensar que non vai ser así. É o que temos que dicir. Non hai ningún criterio obxectivo para (non) pensar que a normalidade imperará a partir da semana que vén en Compostela", respondeu.
Respecto ao aparcadoiro, está pendente a aprobación da modificación do proxecto para alcanzar as 900 prazas e, en canto se aprobe, levarase a cabo a obra coa previsión de que estea en funcionamento no verán de 2026.
O Grupo Municipal dos socialistas composteláns quedará, deste xeito, unicamente con dous edís: Marta Abal e Gumersindo Guinarte
Lara Méndez farase cargo dunha área crave nunha executiva da que sae Leiceaga e na que Carmela Silva continúa como presidenta.
  comenta   0
Denuncian "presións constantes" para que un deles dimitise no que consideran unha actuación de "acoso e derrubo" contra eles. Bugallo di que é unha "fraude ao sistema democrático".
Teñen un prazo de dez días para recorrer e o secretario municipal deberá dirimir se a medida xa é executable, pero avanzan que "esgotarán todas as vías".
Inclúe a Gumersindo Guinarte e Marta Abal, os dous edís que, no marco do conflito co grupo municipal, acabaron aliñados coa dirección.
Dá 5 días ao portavoz municipal para que formalice o cambio do persoal eventual para meter a dous afíns.
O PSdeG vive unha longa crise interna que ameaza con desestabilizar o novo proxecto de Besteiro. Os problemas, lonxe de pecharse, aumentan, e as novas batallas abertas en Santiago ou Ourense acreditan a necesidade de unidade e acción.
  comenta   0
Mercedes Rosón, con bágoas nos ollos, anuncia o apoio á normativa proposta polo bipartito, malia as directrices de abstención da executiva liderada por Aitor Bouza.
"Nunca tivemos problema en manter un diálogo fluído, pero é a propia organización do PSOE quen ten que decidir quen son as interlocutoras", aseverou Míriam Louzao despois de que o secretario xeral dos socialistas composteláns, Aitor Bouza, avanzase que a postura da dirección local do partido pasa pola abstención.
  comenta   0
A candidatura de Gonzalo Caballero foi defendida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen destacou ao político vigués como a mellor opción posible pola súa traxectoria e valía.
  comenta   1
O Partido Socialista de Santiago considerou que a presente da parcela de Peleteiro "non pode desvincularse do pasado" e referiuse á "responsabilidade" de BNG e Compostela Aberta na situación actual polo seu voto en contra á proposta presentada no pleno municipal polo goberno de Xosé Sánchez Bugallo en decembro de 2022.
  comenta   0
O secretario do PSOE de Santiago asegurou que "desde os máis veteranos" ata os "máis novos" teñen claro que o futuro pasa por Besteiro.
  comenta   0
O secretario xeral dos socialistas en Santiago, Aitor Bouza, comprometeuse este mércores a declarar Santiago de Compostela como mercado residencial tensionado como primeira medida para mellorar a situación da vivenda na cidade e frear a alza dos alugueres.
  comenta   0
O PSdeG local afea que "non teñen" comunicación de Sanmartín para negociar os orzamentos e "non coñecen" o borrador. Aitor Bouza sinala que Pedro Sánchez se "comprometeu claramente" con Santiago ao pactar co BNG xa que "non o necesitaba" a efectos numéricos.
  comenta   0
Aitor Bouza, elixido secretario do PSOE de Santiago con Marta Álvarez Santullano de dúas e o delegado do Goberno central, Pedro Blanco, na executiva.
  comenta   0