Tras case un século de actividade, a fábrica de Albo no norte de Lugo pecha as súas portas para trasladar toda a actividade a unha "megaplanta" de Salvaterra do Miño. Por diante leva 43 postos de traballo.
Os operarios negociaron unha serie de incentivos por este desprazamento, entre eles, un plus por mobilidade e un descanso de 12 minutos.
As promotoras xa non terán que facer público o impacto ambiental de boa parte dos proxectos eólicos anunciados. A medida, moito máis laxa que as da Xunta, estaba "agochada" nun pequeno apartado do decreto anti-crise aprobado a finais de marzo.
  comenta   0
A galega Iberconsa podería acabar en mans de Bright Food, empresa estatal chinesa. Nova Pescanova tamén podería ser participada por Shanghai Fisheries, abrsorbida o pasado ano por Bright Food. A conserveira Albo xa foi adquirida en 2016 por Shanghai Kaichuang Marine International, pertencente a Shanghai Fisheries e, polo tanto, a Bright Food, que mantén moi estreitas relacións coa Xunta de Galicia.
  comenta   0