O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xurou o seu cargo ante o Estatuto de Autonomía cunha proclama: traballar polo "interese supremo" da comunidade que dirixe desde que en maio de 2022 converteuse en sexto presidente autonómico ao suceder a Alberto Núñez Feijóo. Non en balde, proclamou que "Galicia aspira a todo".
  comenta   1
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
Esixe aos seus máximo esforzo e "cero confianza" e advirte que Feijóo estará "moi presente" para evitar o "triunfo da Moncloa".
  comenta   0
O alcalde de Caldas puntualizou que se fose unha praga non só afectaría aos albergues senón que tamén aos domicilios dos veciños e recalcou que "non hai" ningunha denuncia sobre isto.
  comenta   0
A película 'O corno' de Jaione Camborda terá a súa estrea galega na sesión inaugural de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela, paso previo ás salas de cinema o 11 de outubro.
  comenta   0
José Manuel Romay Becaría, ex alto cargo franquista, fichou a Núñez Feijóo para a política. Se hoxe o líder do PP é o que é, é grazas a este político e avogado de Betanzos. Pero a relación entre os dous tampouco se entende sen o papel de Carmen Martín de Pozuelo, a sobriña de Romay, desde hai case 20 anos alta directiva da empresa Atos. Esta é a historia dun padriño político, dun afillado aventaxado e da sobriña empresaria.
  comenta   0
Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benjamín Casal, do sector galeguista do PSdeG, votaron a favor de Gerardo Fernández Albor. Pilar García Negro destaca o impulso "galeguista" que Casares lle deu a Lei de Normalización Lingüística.
  comenta   0
Nas últimas semanas rexistrouse unha coincidencia que merece ser comentada. Tres figuras ben coñecidas na política galega durante as décadas posteriores ao establecemento do réxime constitucional e autonómico vixente (Carlos Mella, Camilo Nogueira e Pablo González Mariñas) recibiron distintos recoñecementos públicos pola súa traxectoria comprometida coa defensa do autogoberno galego.
  comenta   0
O sector rexistra datos financieiros preocupantes, pero os establecementos máis vellos resisten con forza o envite do comercio online.
  comenta   0
Se dimite como presidente do Goberno galego para seguir o seu camiño en Madrid haberá fito histórico: ningún antecesor deixou o cargo por vontade propia.
  comenta   0
Anécdotas, recordos de diálogo e chamadas á concordia: o Parlamento lembra o inicio do "soño" autonómico con Camilo Nogueira, Xerardo Estévez, Víctor Vázquez Portomeñe e Mariano Rajoy.
  comenta   0
Antolín Sánchez Presedo, Camilo Nogueira e José María García Leira lembran aqueles anos nos que os asentos do Pazo do Hórreo contaban con cadanseu cinseiro.
  comenta   0
González Rivas celebrou o papel dos mandatarios autonómicos galegos coincidindo coa xornada do 40 aniversario do Estatuto.
  comenta   0
O electorado do PP en Galicia mantense fiel comicio tras comicio. Desde hai 40 anos é o partido que máis votos colleita en Galicia e tamén maiorías absolutas; catro de Fraga e outras catro de Feijóo. Pero durante estes anos de democracia o votante popular tamén foi cambiando e foron gañando poder os do birrete de Romay Beccaría en prexuízo dos da boina de Baltar, Cuíña e Cacharro Pardo.
  comenta   0
A obtención dunha nova maioría absoluta por parte de Núñez Feijóo alimentou unha posíbel análise comparativa coa traxectoria de Manuel Fraga. Algunhas semellanzas resultan obvias: os dous políticos do PP acadaron catro vitorias electorais consecutivas despois de dúas experiencias previas de gobernos de coalición (primeiro PSdG-CG-PNG e despois PSdG-BNG) e comezando -nos anos 1989 e 2009- cun resultado moi apurado de 38 escanos.
  comenta   0
"Esta campaña imos demostrar que volveremos conseguir unha cuarta maioría absoluta e sen deixar de coidar aos galegos", di.
  comenta   1
Se tivera que definir o nosa década, definiríaa como a década do youtube. Cando alguén quere saber máis sobre un tema acode pronto ao youtube, tanto ten se o obxecto da investigación é un filósofo ou un concepto médico, unha dúbida económica ou un está aburrido e quere matar as horas. Youtube é un verdadeiro mundo social virtual, no que a xente volca contido de toda forma e tipo. Dende os youtubers de hoxe aos vellos arquivos históricos, en forma de video que son proba gráfica do devalar dos tempos e das xentes.
  comenta   0
“La democracia está por encima de la ley”. Se esta lixeireza che colle cedo pola mañá, os sensos aínda máis atentos ao cheiro do café cá suma de ocurrencias e disparates de días anteriores, que ben soan esas palabras; ata semellan abranguer unha sentenza filosófica destinada a engrosar o acervo, para gran honra e orgullo de tódolos patrios eidos. Pero os crepúsculos matutinos son breves e inespertos gaioleiros, e aínda os máis raposeiros sucumben ante o primeiro pestanexo do albor.
  comenta   0
A lingua galega volve a estar na diana dos políticos. O PP fixo súas as propostas da recén bautizada asociación Hablemos Español durante a campaña electoral do 2009 para derrotar ao bipartito. Unha vez no poder e logo de impulsar un novo decreto lesivo para o galego, os populares aparcaron o debate lingüístico ata que Ciudadanos e Vox, cos que compite polo espazo electoral, o acaban de poñer, de novo, enriba da mesa. Pero, teñen armas legais os galegos para defender a súa herdanza lingüstica?.
  comenta   15
Tamén salienta o Pórtico da Gloria como un monumento ao “diálogo” e destaca que, a pesar das críticas pola situación sanitaria, económica e do deterioro dos servizos sociais, Galicia “segue crecendo” e medrando os “hospitais, centros de saúde” e “hai máis educación e servizos sociais”.
  comenta   4
Feijóo clausurará un "simbólico e emotivo" acto no compostelán Parque de Bonaval en honra dun "galego ilustre".
  comenta   0
Feijóo destaca o "galeguismo integrador" e a "lealdade ao Estado" do expresidente galego, mentres Pablo Casado o erixe en "gran humanista".
  comenta   1
O exvicepresidente da Xunta e profesor de Ciencias Políticas Xosé Luís Barreiro Rivas afirmou que o expresidente galego Xerardo Fernández Albor, e el, aínda que eran "moi diferentes", "sempre" se complementaban.
  comenta   2
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno galego celebrará un funeral institucional na Catedral de Santiago o próximo 23 de xullo, en vésperas á celebración do Apóstolo, para despedir ao expresidente autonómico Gerardo Fernández Albor, falecido este xoves aos 100 anos de idade. Será ás 18,00 horas.
  comenta   0
O goberno galego anunciou que celebrará un funeral institucional na Catedral o 23 de xullo ás 18:00 e avanzou que o PP homenaxeará a Albor o 7 de setembro. Pola súa banda, Soraya Sáenz e Pablo Casado afirmaron que asistirán á homenaxe que ten lugar este venres.
  comenta   0
O presidente da Xunta subliñou que os galegos "deben estar orgullosos" de ter contado con Albor como presidente da Xunta.
  comenta   0
Gerardo Fernández Albor chegou tarde á política, xa con 60 anos. Antes exerceu de médico, a súa paixón. Foi líder de AP, presidente da Xunta e un fiel aliado, primeiro de Fraga e logo de Feijóo. Contribuíu a asentar o Partido Popular en Galicia, relacionouse cos galeguistas históricos pero no seu currículo tamén hai sombras, como a súa vinculación coa Alemaña nazi ou a entrevista que mantivo cos principais narcos e contrabandistas dos anos 80.
  comenta   7
Albor tiña 100 anos. Pasou a historia por ser o primeiro presidente galego que tivo que deixar o cargo por unha moción de censura do que fora o seu vicepresidente, José Luis Barreiro.
  comenta   0
"Unha cousa é a licenza para facer un guión televisivo e outra cousa loxicamente é construír uns feitos en base a realidades e datos que non son certos”, di sobre o que se conta na serie Fariña. "Siempre se dijo que algunos --capos-- pusieron y quitaron alcaldes", dixo o arrepentido Padín nun programa da Sexta.
  comenta   1