A Coruña celebrou cun concerto da Banda da Loba e Leria o Día dos Medios en Galego.
Faino lembrando o nacemento da primeira publicación en galego.
A Asociación de Medios en Galego, na que está integrada Galicia Confidencial, reivindica con este concerto a importancia que teñen os medios en galego.
  comenta   0
Xornal da Coruña e a Asociación Alexandre Bóveda organizaron un roteiro sobre os medios en galego nesta cidade dentro dunha campaña da Amega. Da man dun excepcional guía como Xurxo Souto, máis de 60 persoas "molláronse pola lingua" e descubriron a potencia da Coruña como gran precursora da prensa en galego.
A Asociación de Medios en Galego programa comemora deste xeito a saída da primeira publicación monolingüe en galego O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.