"Lémbrolles que nesa (primeira) resposta pedímoslles que asumisen as prioridades da cidade e que, se pedían perdón por deixala sen tren de alta velocidade, aínda que fóra con 20 anos de atraso, estariamos dispostos a falar", expón a tenente de Alcalde, Carmela Silva.
Cinco concellos do Condado-Paradanta queren acabar co que consideran un erro; a falta de ligazón para unilos directamente coa autovía A-52. Erro, desidia, falta de cálculo ou de orzamentos, o resultado é un documento polo que estas cinco entidades locais fan fronte común para reclamar a oportunidade de reducir tempos en comunicacións viarias e custos para os viaxeiros. Despois de varios anos reivindicando unha solución, consideran chegada a hora de que as autoridades competentes arranxen o que eles ven como un erro.
  comenta   0
Pontón reprochou que "cambian os gobernos, cambian os ministros de Transporte, cambian os inquilinos da Moncloa, pero o que non cambia é a discriminación" con Galicia, mentres os diferentes gobernos do Estado "seguen facendo que os galegos paguen unhas peaxes que son absolutamente abusivas".
  comenta   0
A expresidenta do Congreso e exministra pon así punto final á súa dilatada carreira política e á súa longa traxectoria como membro do Parlamento para incorporarse ao ámbito das institucións profesionais sanitarias.
  comenta   0