A expansión da doenza da 'banda marrón' está a transformar o modelo forestal galego. Como apunta Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, "estamos ante un problema moi serio e sen precedentes recentes".
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
Algúns, como o castiñeiro de Soutogrande ou o de Oreal, están valorados en máis de 700.000. Aquí chos presentamos, da man do profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC Antonio Rigueiro.
  comenta   0
Queres saber o rendemento que che pode dar un souto de tan só unha hectárea? Sabes como podes aproveitar os castiñeiros para a cría de porco celta? Eres amante dos cogomelos? Estamos a falarche de rendementos económicos de miles de euros. Da man de Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor da USC, explicámosche as vantaxes destes soutos.
  comenta   0
É a primeira muller en recoller este recoñecemento. Unha muller "das que fai historia e constrúe historia, que non ten volta a atrás, entre outras cousas, grazas ao valor, á 'afouteza' e ao exemplo contaxioso de persoas como ela", destacou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes.
  comenta   0