Nas semanas anteriores á celebración da XVIII Asemblea Nacional do BNG todas as aparencias indicaban que estabamos diante dunha cita desprovista de tensións internas.
  comenta   0
Unha semana despois do 18F socialistas e nacionalistas comezaron unha guerra na esquerda. As vellas pantasmas do bipartito volven a asomar entre algúns dirixentes de ambos os dous partidos que prefiren non dar tregua a quen pode ser o aliado.
  comenta   1
O abrazo de Beiras e Quintana veu precedido doutros reencontros que se deron nun acto que desbordou as previsións e no que participaron 3.000 persoas.
  comenta   2
O actual deputado do BNG no Parlamento de Galicia Xosé Luís Rivas Cruz, compuxo varios temas de carácter electoral para a formación nacionalista, acompañado pola súa filla María Rivas e polo integrante da banda Nao 'Jásper'. Pero isto só sucedeu a partir do ano 2016, cando chegou Pontón como candidata. Os seus predecesores non lle prestaban tanta atención á banda sonora da campaña.
  comenta   0
"Fálalles Adolfo Pérez Esquivel premio Nobel da Paz. Arxentino de nacemento e galego de orixe. O meu pai foi pescador en Combarro. Hai que apoiar a candidatura de Ana Pontón como candidata a presidenta á Xunta de Galicia polo BNG. Defende os intereses de Galicia", posteou na rede social X o Nobel arxentino, a través de conta do xornalista e catedrático Ignacio Ramonet. Tamén deu o seu apoio á candidatura de Pontón o exalcalde de Cádiz, José María González, 'Kichi'.
  comenta   0
A cabeza de lista do BNG, Ana Pontón, recibe, así, o apoio de quen liderou as políticas de igualdade e sociais durante a época do goberno de coalición de PSOE e BNG entre 2005 e 2009.
  comenta   0