Así o afirma Ana Pardo, delegada territorial da asociación Provivienda en Galicia, que asegura que "a realidade dos últimos anos pasa por un aluguer á alza e por unha escaseza de vivendas en aluguer, algo que está afectando sobre todo á poboación en situación de vulnerabilidade". E é que o 24,5 % dos galegos en pobreza adican máis do 40 % da súa renda dispoñible a gastos de vivenda. No 2022 aumentaron os fogares con retrasos no paso dos gastos ata o 9,4 %.
  comenta   1
Inma Alonso é a presidenta de Fagamos - Familias Galegas Monomarentais -, unha asociación que vén de ver a luz en Galicia co obxectivo de orientar, dar apoio e reivindicar unha equidade respecto do modelo de familia tradicional biparental.
  comenta   0
As entidades bancarias están aplicando criterios moi rigorosos sobre persoas cuns ingresos mínimos. Persoas con prestacións sociais poden ver rebaixados os seus escasos emolumentos debido ás elevadas comisións bancarias. E isto a pesar de que os bancos teñen obriga de abriren contas de pago básicas de cara a “inclusión bancaria”.
  comenta   1
O asasinato de Samuel Luiz na Coruña puxo no foco os delictos de odio e agravados polo odio, ao se amosar probábel que a homofobia fose determinante deste crime.
  comenta   0
O recente asasinato de Samuel Luiz levantou unha vaga de protestas contra os ataques á comunidade LGBTIQ+. Este colectivo é dos máis atacados polo “dicurso do odio” e as consecuencias ligadas a el, como a violencia física. Mais o discurso do odio exténdese cara toda aquela comunidade, colectivo ou persoa que manifeste diferenzas contra aquilo considerado “normal”.
  comenta   0
A situación de pobreza e exclusión é unha carga molesta para algúns sectores sociais, sobre todo os máis favorecidos, incluídas as clases medias. Así naceu unha actitude de “invisibilización” da pobreza ignorando a súa existencia ou erradicándoa de maneira expeditiva. A aporofobia é o termo que lle deu nome ao odio ás persoas desfavorecidas.
  comenta   3