Critican que a Xunta enviara un cuestionario sobre o emprego do galego, no que ven un "adoctrinamento nacionalista" por parte do goberno do PP, a pesar das críticas de Feijóo ao novo decreto do ensino.
  comenta   4
Comeza a 2ª edición de Aquae STEM con webinars con referentes femininos en ciencia para fomentar as vocacións científicas entre as nenas.
  comenta   0
Alfredo López, da CEMMA, alerta do comportamento do cetáceo: "Fai da xente o que quere". Por iso, pide a mergulladores, mariñeiros e bañistas que o ignoren e non ineractúen con el se o avistan porque "os riscos son grandes". Os profesionais do mar piden a implicación da Xunta.
  comenta   0
Alejandro Losada quedou cego aos 14 anos. O diagnóstico foi duro, “moi complicado a nivel emocional”. No primeiro que pensou foi en como sería o seu futuro, “tes que volver aprender a facer cousas que xa sabías facer, pero doutra maneira”, dinos. Hoxe quere adicarse ao mundo da interpretación, pero recoñece moitas dificultades.
«Há coisas da seriedade da vida que podemos aprender com charlatães e bandidos, há filosofias que nos ministram os estúpidos, há lições de firmeza e de lei que vêm no acaso e nos que são do acaso. Tudo está em tudo.» (Libro do Desassossego, Fernando Pessoa).
  comenta   0
Di que se valorará é a avaliación global do estudante e non o número de materias suspensas e que "a repetición considerarase unha medida de carácter excepcional".
  comenta   0
"Os dous primeiros meses da sanción foron moi duros", recoñece ao tempo que augura que o seu futuro estará nalgún xulgado de Cataluña, Canarias ou algún punto de Madrid, "prazas que outros maxistrados non queren".
A nova iniciativa da editorial básase en dar a coñecer novos libros ao público infantil e xuvenil mediante pequenos vídeos.
  comenta   0
O presidente destacou que os profesores tiñan que "comezar o curso" e "cumprir como o resto de traballadores". A reacción da comunidade educativa non tardou en agromar.
  comenta   0
Das películas do director francés Mathieu Kassovitz que teño visto, entre elas “Babylon A.D”, “Gothika”, “Asesino(s)”ou “Os ríos de cor púrpura” quédome cunha das primeiras: “Le Haine” (“O Odio” de 1995) un drama social ambientado nos disturbios, a principios dos 90, sacudiron o suburbio parisino de Les Muguets. Quédome coa historía e quédome coa reflexión que encerra a voz en off coa que comenza e remata a cinta: “É a historia dun home que cae dun edificio de cincuenta pisos. Para tranquilizarse mentres cae ao valeiro, non para de decirse: ata agora todo vai ben, ata agora todo vai ben... ata agora todo vai ben. Pero o importante non é a caída, é a aterraxe”.
  comenta   0
Comeza un crowdfunding co obxectivo de publicar un novo xogo infantil na nosa lingua, o Dominó de Animais.
  comenta   1