Dende a época medieval, o congro de Muxía namorou aos comerciantes da Coroa de Aragón, que viñan aGalicia vender cáñamo. Esta ruta comercial, aínda que desapareceu co paso do tempo, deixou as súas pegadas, e a día de hoxe o congro seco é considerado un manxar en Aragón. Porén, o futuro deste protudo depende dos dous únicos secadoiros existentes en Europa, ambos na vila da Costa da Morte.