O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.
  comenta   2
ContraMinacción critica que o lobbie mineiro buscou rodearse de altos cargos durante o V Congreso Nacional de Áridos en Santiago de Compostela. A organización destaca que reunirá a 700 persoas e "terá unha importante repercusión internacional". Por outra banda, a plataforma Mina Touro- O Pino Non desvinculouse das pintadas aparecidas este mércores contrarias a este proxecto.
  comenta   1
A Asociación Galega de Áridos, Arigal, antiga AGA, está formada por empresarios e empresarias con relación na extracción de material árido (grava, por exemplo) ademais de minaría metálica ou pedra e lousa. O seu director, Carlos Martínez, recibe a Galicia Confidencial “porque temos interese en que se coñezan algúns puntos da nosa actividade que a maioría non ten claros”. Falamos con el sobre a polémica da mina de Touro, sobre por que quedaron explotacións abertas sen que houbese unha rexeneración do terreo pero ademais, de como o sector da minaría en Galicia está de acordo coa adopción de non abrir minas se hai unha maioría social contraria a esa apertura.
  comenta   0