Unha serie de publicacións revelan a existencia de paralelismos estilísticos que permiten apuntar a existencia de convencións gráficas e un corpus artístico compartido na rexión en momentos finais do Paleolítico.
  comenta   0
Nas escavacións recuperáronse os restos das ferramentas líticas fabricadas en cuarcitas e cuarzos recolleitos nas beiras dos ríos próximos. Estes aparellos eran usados para procesar os animais cazados, as súas peles e para fabricar ferramentas en madeira. Tamén se atoparon restos óseos e dentais das presas, como mandíbulas e ósos de cervo.
O último informe do Consello da Cultura Galega di que non se levou a cabo o proceso de recoñecemento e salvagarda dos elementos patrimoniais, naturais e culturais previo á tramitación do parque.
  comenta   0