No eido turístico é imposible crecer e crecer sen danar a calidade do produto que vendemos. E non digamos nada, xa, de cuestións medioambientais ligadas á sostibilidade de tales recursos. Se na Fraga do Eume ou na Devesa da Rogueira nos xuntamos na Semana Santa moitísimas persoas, temos un problema. O mesmo que en calquera outro lugar, especialmente se é de especial protección. Pero, entón.... que facemos?
  comenta   0
As redes sociais ferven tras circular varias imaxes nas que se poden ver a turistas facendo pequenos milladoiros na Praia das Catedrais, ademais, en zonas prohibidas ante a ameaza de derrube.
Investigadores da UDC acaban de presentar un estudo sobre os perigos de erosión deste monumento natural. Tras tomar 481 fotos de alta resolución cun dron elaboraron un mapa das zonas inestables con risco de caída inminente.
O varón, de 50 anos, veciño de Alcalá de Henares, apareceu inconsciente e flotando na auga.
A secretaria do partido socialista en Lugo, Patricia Otero, insta a Balseiro a abandonar a "confrontación" co Executivo central e "asumir as súas propias responsabiliades"
Malia que o Executivo autonómico reforzou a vixilancia este verán no areal, no que controla tamén as visitas, sinala ao Goberno central e ao Concello despois da última caída de laxas.
Os lectores de El País elixen Rodas, As Catedrais, A Lanzada, Carnota, Barra e Corrubedo como algúns dos máis belos areais.
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente activou este venres o operativo especial que se encargará de controlar o acceso á praia das Catedrais durante a Semana Santa, un dos períodos nos que as visitas a este espazo están restrinxidas a un número máximo de persoas, sempre mediante solicitude dunha autorización previa.
"Aínda cando puidese considerarse que concorrese algún tipo de responsabilidade por culpa, a mesma non sería susceptible de ser axuizada no ámbito penal" segundo a xuíza.
  comenta   0
O Executivo autonómico acusa a Costas de non querer asumir a instalación de advertencias do risco de desprendementos no areal e Madrid di que as competencias de seguridade son da Xunta.
Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal.
  comenta   0
A Audiencia de Lugo considera que "faltan datos" para "adoptar decisións" e insta a retomar a investigación coa declaración dos dous vixiantes da praia.
O Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo desestimou o recurso contra a decisión da xuíza de sobreser a causa ao entender que a morte foi accidental.
A administración central ten todas as competencias na xestión do espazo marítimo terrestre.
  comenta   2
Lamenta a morte dunha turista nesta famosa praia pero asegura que ningún estudo alertou de realizar “medidas adicionais” de seguridade. Suliña que agardarán a un novo informe preliminar para realizar actuacións nas vindeiras semanas.
  comenta   0
"A ausencia dunha xestión adecuada desta situación afectou negativamente o estado de conservación dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade", recolle o documento.
  comenta   1
O investigador José Ramón Vidal Romaní apunta cara á presión humana como principal factor de deterioración actual do monumento.
  comenta   0
Diversas entidades, expertos e o propio Concello de Ribadeo advertiron de que a masificación deste monumento natural sería problemático, tanto para a conservación deste espazo natural como para a propia seguridade dos visitantes. A Xunta ignorou os avisos e segue sen anunciar ningún tipo de medida ao respecto.
  comenta   4
A praia de Augas permanecía pechada desde o mediodía do sábado, tras a morte dunha visitantes polo desprendemento dunha rocha.
  comenta   0
A páxina web oficial segue concedendo autorizacións, mesmo para este domingo, cando o acceso está prohibido tras desprenderse unha rocha que matou a unha muller de 25 anos.
  comenta   0
O falecemento dunha muller pola caída dunha rocha reabre o debate sobre a seguridade e o sistema de visitas á praia de Augas Santas. Augusto Pérez Alberti, catedrático da Universidade de Santiago, avisou hai meses dos riscos do "exceso" de visitantes e da necesidade de regular as visitas a zonas de cantís. A Xunta deféndese e sostén que o seu plan de acceso está baseado nun estudo rigoroso, cualificado polo experto da USC como "nefasto". A praia permanece pechada.
  comenta   6
A muller, de Valladolid, atopábase no interior dunha das covas do areal. O seu corpo foi trasladado a Lugo mentres a súa familia se despraza a Galicia desde Alemaña.
  comenta   0
O areal de Augas Santas acabou converténdose nun dos reclamos turísticos máis importantes de Galicia. Pero hoxe en día a masificación, o deterioro da contorna e as accións urbanísticas ameazan con estragar esta xoia da natureza de maneira irreversible.
  comenta   0
O Plan especial de protección do Monumento Natural da Mariña lucense, en fase de exposición pública, aposta por afastar os vehículos da praia, crear un centro de interpretación e recepción de visitantes e expropiar e derrubar o restaurante. Prevese un millón de visitantes coincidindo co Xacobeo do 2021.
  comenta   0
Na entrada ao areal haberá catro profesionais que controlarán o acceso, informarán sobre a maneira de conseguir a autorización a aqueles visitantes que non a teñan.
  comenta   1
A Consellería de Medio Ambiente publica no Diario Oficial de Galicia a licitación do contrato para o servizo de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais do Monumento Natural da Praia das Catedrais.
  comenta   0
Os usuarios de TripAdvisor recomendan visitala en marea baixa e salientan a importancia da súa paraxe natural.
  comenta   0