Xusto antes da crise do coronavirus presentábase a Asociación Federalista Galega. Entre os obxectivos desta asociación está presentar o federalismo como un modelo viable, solidario e con validez demostrada. O seu presidente Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política, ve na idea federal unha fórmula capaz de recoller diferentes posturas, mais sobre todo, unha fórmula política que ten por obxectivo o benestar da xente mediante políticas horizontais e transversais dentro dun modelo de codependencia e solidariedade.
  comenta   8