A Xunta de Galicia aprobou o pasado luns o Pladiga 2024, o plan contra os incendios forestais para este ano. Dentro do plan figura a colocación de máis cámaras de vixilancia en distintos montes. A pregunta que xorde: son efectivos estes sistemas?. "Máis cámaras, menos vixilantes", din desde Atrifoga. Medio Rural defende o sistema.
  comenta   0
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) fundouse ante o que consideraban discriminación por parte de autoridades e forzas sindicais, que por seren fixos discontinuos de tres ou seis meses, non os tivesen en conta para determinadas negociacións e que, desde a Xunta, non se teñan resolto concursos oposición feitos en 2019, e que mesmo os postos de traballo dalgúns deles e delas poidan estar en risco ante unha posible falta de puntuación de cara os baremos.
  comenta   0
"A principal demanda é traballar todo o ano, pedimos a fin da precariedade laboral e da temporalidade. Queremos deixar de ser interinos", pide a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia.
  comenta   0
ATRIFOGA E APROPIGA, asociacións convocantes da manifestación, denuncian un "trato discriminatorio" por parte da Consellería de Medio Rural cara ao persoal discontinuo.
  comenta   0
"Ata 20 hectáreas mando eu, de 20 hectáras para arriba mandan os políticos", resume un axente forestal. "Agora acaban gobernando os gabinete de comunicación. É todo un tema de marketing", denuncia un bombeiro.
  comenta   1
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais demanda aumentar os recursos humanos para poder desenvolver traballos de prevención durante os invernos e evitar vagas de incendios coma a que atravesa agora mesmo Galicia.
  comenta   0
Os traballadores fixos discontinuos contraincendios estiveron ata hai pouco traballando tres meses por ano. Desde 2017 foron incrementando os períodos ata chegar aos actuais seis meses. Aínda así, este colectivo pide a equiparación temporal con outros colectivos do SPIF ademais de que se concrete xa unha data para as probas que permitan a consolidación de postos e a mellora na calidade do servizo.
  comenta   0