A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou o inicio do expediente para anular as resolucións administrativas "que deron lugar ao espolio" da Casa Cornide, actualmente propiedade do Franco, de cara a recuperar a súa "titularidade pública".
A información recollida poderá ser consultada polos diferentes servizos do Concello
Por que a voceira nacional do Bloque desafía á cúpula da UPG, o seu propio partido e o que a puxo de candidata á Xunta?. Nesta crónica faise un pequeno percorrido pola historia recente do nacionalismo galego para achegarse ao que pode estar pasando no interior dunha das organizacións máis herméticas da política galega. Non hai tres motivos. O principal motivo ben o sabe Ana Pontón e a cúpula da UPG.
  comenta   23
Pois si. A cidade galega con máis persoas galegofalantes (en termos absolutos, porcentualmente Lugo, Ourense e Compostela melloran os seus números) xa ten aprobado inicialmente unha normativa municipal de seu a prol do galego, na vía de amañarmos a desfeita galegófoba de Paco Vázquez.
  comenta   0
O xornalista galego José Luis Gómez ven de explicar a xeito que o problema do proxectado peche da factoría de aluminio primario de Alcoa non é só- nin nomeadamente- un problema de tarifa eléctrica, senón unha decisión que xurde da nova fasquía de Alcoa dende o 2014, orientada estratéxicamente cara a fabricación de motores para a industria aeroespacial e alúmina
  comenta   0
"Isto é unha vitoria colectiva, dun modelo de universidade", asegura tras coñecerse o resultado.
  comenta   0
Di que é é "conforme" ao dereito comunitario e remítese como "modelo" a seguir a un acordo do goberno italiano por unha antiga planta da multinacional en Sardeña.
  comenta   0
O ex-voceiro parlamentar do BNG defende unha candidatura unitaria e di que hai moita xente esperando a que se aclare a situación política da esquerda.
  comenta   14
Cargos institucionais e militantes da corrente Abrente pediron xa a baixa da formación nacionalista. Outros, principalmente alcaldes, seguen sopensando a súa decisión tras unha ofensiva da nova dirección para que queden.
  comenta   27
Integrantes da corrente Abrente manterán un encontro para decidir o xeito de saír do BNG e de traballar nun “proxecto común”. Algúns alcaldes nacionalistas valoran xa abandonar a formación nacionalista. “Eu non me movín do BNG, quen se está movendo é o BNG”, di o rexedor de Vimianzo.
  comenta   41
Pontón insiste en que non se pactará con Podemos ou Esquerda Unida e critica as opinións de Aymerich por anunciar que marcha do BNG para construír "unha nova casa común" dos nacionalistas.
  comenta   7
Cumpriuse o guión previsto. A candidata da liña oficialista do BNG, Ana Pontón, é xa a primeira muller que chega a voceira nacional. Aymerich anuncia a súa marcha. Vídeo das resolucións e do discurso final no interior.
  comenta   25
O voceiro nacional Xavier Vence despídese cun claro discurso a prol das alianzas electorais e contrario a manter siglas de partidos dentro do Bloque. Os críticos suman esforzos antes das votacións na XV Asemblea do BNG pero saen derrotados.
  comenta   24
Alba Nogueira, Carme Adán, Olaia Fernández Dávila e Tareixa Paz comparecen ante os medios para defender que a refundación proclamanda pola UPG e o MGS non quede nun simple eslongan.
  comenta   12