O Concello de A Pontenova nomeou Fillo Predilecto a Xosé Antón García Cotarelo. Os motivos para tal honra son os que expuxo na súa proposta dirixida ao Alcalde a Asociación de Funcionarios para a Normalización, que se resume nesta inequívoca cualificación: o seu maxisterio galeguizador foi decisivo para a normalización da lingua galega nos usos administrativos na Xunta de Galicia.