A Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) non ten ao Laboratorio oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) de Ourense como entidade acreditada a nivel estatal para analizar calibracións de aparellos eléctricos.
  comenta   0
ODICE denuncia que a Delegación Territorial de Industria de Lugo foi cómplice dun presunto delito cometido contra un hosteleiro de Lugo ao que se lle cortou o suministro eléctrico a pesar de presentar varias reclamacións que non foron resoltas.
  comenta   0
Un veciño de Alfoz negouse a pagar máis de 3.000 euros de luz en catro meses ao considerar que había unha sobrefacturación. O seu caso tardou anos en resolverse tras unha denuncia ante a Xunta en Lugo, un proceso xudicial que recoñece que Iberdrola e Begasa non "actuaron correctamente", e unha nova resolución da Consellería de Industria.
  comenta   3
O establecemento enviou varios escritos á Delegación Territorial desta consellería polos abusos cometidos por Iberdrola na facturación eléctrica. Tras pedir o cambio de compañía eléctrica, a distribuidora decidiu cortalle a luz. Ningún dos escritos enviados ao departamento autonómico foi contestado.
  comenta   3
A Consellería de Industria tarda tres anos en resolver denuncias de consumidores. Recoñece medidores incorrectos de electricidade pero evita que se emitan sancións ás grandes eléctricas.
  comenta   0
Begasa e Iberdrola reclamábanlle a un cliente case 6.800 euros por facturas impagadas. A xuíza ditaminou que, tanto a distribuidora como a eléctrica, cobráronlle case un 19% máis da tarifa contratada tras detectar "anomalías" no contador.
  comenta   0