Para dar a coñecer este entroido, que conta co recoñecemento de 'Festa de Interese Turístico de Galicia', a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada organiza unha exposición fotográfica baixo a autoría de Carlos Hervella, director do xornal galego O Sil.
  comenta   0
Unha investigación a cargo das universidades de Santiago, A Coruña, Newcastle e St Andrews, así como o CSIC, profunda no rol do mosteiro como axente ordenador deste lugar.
O de 2022 foi un 'ano de bens' para os galegos, con case 370 millóns de euros en premios que, ademais, tocaron o catro provincias.
  comenta   0
A violencia contra a guerrilla antifranquista seguiu os pasos da violencia represora española no norte de África. Antes da caída definitiva da II República, os montes entre Asturias, Bierzo e Galicia foron terreo de operacións da Federación de Guerrillas León-Galicia. Esta unión de fieis á República acabou de maneira tráxica por culpa das delacións consecuencia das torturas e chantaxes das forzas franquistas.
  comenta   0
A guerrilla antifranquista está perdendo a imaxe de “bandidos” que o réxime de Franco quixo impoñer no imaxinario colectivo. A formación da Federación de Guerrillas de León-Galicia e do Exército Guerrilleiro de Galicia demostraron a capacidade que existía para crear oposición armada ao franquismo. Con todo, non deixa de ser unha historia tráxica onde se descubren desde modelos de represión até o abandono das organizacións por parte dos seus apoios políticos.
  comenta   1
"Os leonesismos político e cultural sempre trataron de atacar a lingua galega, como foránea á realidade cultural do Bierzo. Fronte a ela, propoñen os chamados dialectos leoneses, confusas falas concretadas no berciano, cabreirés, pachuezo, etc. Por iso, se hai que recoñecer o galego no Bierzo, para eles será mellor a denominación galegoleonés", di o berciano Xabier Lago Mestre.
Os días 12 e 13 de novembro o concello acolle a XXVI Feira de Outono. No encontro gastronómico cos produtos estrela desta época do ano haberá 34 produtores galegos, do Bierzo e de Portugal.
  comenta   0
Xerou un brillo dunhas 50 veces superior ao da lúa chea e o estrondo sónico escoitouse nas comarcas de Sarria, Os Ancares, Terra de Lemos, Quiroga e do Bierzo.
O Ministerio subliña que será "provisional" porque o próximo inverno "polo menos un dos viadutos" estará operativo para circular en ambos os sentidos
O Fondo de Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC) recorre contra varios parques eólicos do Bierzo que afectan directamente á conservación desta especie, en perigo crítico de extinción.
Miguel Arce desenvolve as súas tarefas pedagóxicas sobre lingua e cultura galegas no Bierzo, un lugar de onde extrae experiencias que nos poden axudar a comprender moito mellor a realidade dunha das áreas onde o galego oriental está en perigo de desaparecer.
O impulsor do proxecto 'Camiño de Inverno: de Ponferrada a Compostela' reivindica o labor das persoas que fan posible o Camiño de Santiago nunha iniciativa que presta especial atención á economía rural e social. Vén de ser recoñecido como socio de honra da asociación Alumni USC. Falamos con José Ortigueira.
  comenta   0
Un encontro que tivo como protagonista a situación sanitaria no municipio deste ourensán e no que Feijóo se comprometeu a "priorizar" a cobertura da praza de traumatología no Hospital Comarcal.
  comenta   0
A veciñanza reuniu nos últimos meses máis de 5000 alegacións contra os parques eólicos de Busmaior e Barxas.
O vindeiro domingo, a partir das 12,00 horas, unha manifestación arrincará da Praza de España de Quiroga para protestar contra a "especulación eólica".
A concentración logrou xuntar a medio milleiro de persoas --segundo os organizadores-- para pedir a revisión do plan estatal de eólicos: "botará á xente do rural", aseguran.
  comenta   0
Segundo fai saber o colectivo ‘A Volta Grande do Courel’, un parque eólico de capital noruego pretende instalar 22 aeroxeneradores no Courel e montañas próximas, concretamente no Concello das Barjas, no Bierzo.
Alédome muito que desde o BNG se estea prestando ao fin unha atención merecida ao Bierzo co que nos unen tantos elementos histórico-culturais e linguísticos ao facer parte no pasado da Galiza histórica. Mais, querida Ana, os camiños do atallo son camiños do…
  comenta   17
O Movemento Cidadán A Quinta lembra que é necesario un consenso de todos os partidos no Parlamento galego para que a iniciativa poida ser levada ao Congreso dos Deputados.
O BNG presentan unha iniciativa en colaboración con Coalición polo Bierzo que pide que se escoite "a voz" dos bercianos.
  comenta   6
Un grupo de mozas de Navia de Suarna retrucan a proposta e avogan por entender que "Os Ancares está en todos os municipios onde forma parte da identidade dos veciños".
O movemento cidadán A Quinta iniciou unha recollida de sinaturas para enviar unha petición ao Parlamento Galego.
O relato dunha estudante dos Ancares leoneses volveuse viral en Twitter, onde criticou a "marxinación" que sofren as aldeas pequenas e onde tamén reivindicou a anexión do Bierzo a Galicia.
O apego á terra de varios estudantes do Bierzo que residían en Madrid plantou a semente da actual asociación El Filandón Berciano, un grupo de xente nova que "axita" o futuro dunha comarca da que non queren marchar. Buscan crear oportunidades, tecer comunidade e non esquecer a tradición.
Unha asociación do Bierzo presenta unha proposta legal darlle recoñecemento cooficial e empregalo na administración.
O voceiro de A Quinta explica as súas razóns para integrar O Bierzo en Galicia, o papel da lingua galega na comarca e as tensións territoriais de Castela e León: "cando cruzo a Valdeorras síntome na casa e cando vou para León fóra dela".
Unha plataforma do Bierzo pide integrar a comarca na Comunidade a través dun trámite contemplado na constitución.
Manuel Blanco Romansanta foi o primeiro caso de "licantropía clínica" estudada en España.
O vindeiro 28 de marzo celebrarán unha reunión para crear un grupo que lle dea pulo a unha hipotética recuperación da provincia do Bierzo, xusto un ano antes de que se cumpra o 200º cabodano da súa creación. A xuntanza xorde tamén como resposta á petición de segregación de León.
Que pensan os bercianos sobre o intento de León por conseguir unha rexión independente de Castela? Coalición por El Bierzo e o colectivo Fala Ceibe reivindican os nexos que os vencellan con Galicia.
Este colectivo cultural pretende contactar con Néstor Rego e traballar da súa man para impulsar iniciativas que "forcen" a Junta de Castela e León a promover a lingua galega.