A líder do BNG inicia a campaña na súa casa natal da aldea de Chorente, en Sarria, acompañada dos seus pais. “Sabía que ía chegar lonxe porque lle gustaba moito ler e cando estudaba concentrábase moito, sacaba moi boas notas”, lembra con cariño a súa nai.