O mariñeiro, patrón e divulgador Rogelio Santos di ser vetado na TVG por críticar á xestión dos pélets e apoiar ao BNG nun vídeo de campaña. A canle pública asegura que non hai ningún tipo de censura e que non teñen contrato con Rogelio máis aló do programa 'Coñecendo o mar', unha serie de 'reels' xa en publicación.
  comenta   0
O abrazo de Beiras e Quintana veu precedido doutros reencontros que se deron nun acto que desbordou as previsións e no que participaron 3.000 persoas.
  comenta   2
O BNG quixo exhibir o apoio desas persoas que "sen ser militantes nacionalistas, consideran que Galicia necesita ter no Congreso un grupo galego forte coas mans libres".
  comenta   0
Os deputados Luca Chao, Marcos Cal e Julia Torregrosa, entre os 93 candidatos ás primarias de Podemos Galicia. Caen Carmen Santos e Paula Quinteiro.
  comenta   1
Ante a crítica de Común da Esquerda sobre a "carencia" de xulgados específicos, Alfonso Rueda manifestou que a Xunta "si" trasladou ao Ministerio de Xustiza a disposición a asumir novos órganos.
  comenta   0
A maior parte dos candidatos da formación de Errejón en Galicia son militantes de Podemos e, entre eles, algúns moi vinculados á ex secretaria xeral da formación en Galicia, Carmen Santos. Hai quen cre que se pode repetir o que xa aconteceu con AGE, algo que descartan desde a dirección de Podemos e do grupo parlamentario.
  comenta   3
A oposición acusa ao PP de impedir o control da corrupción e os populares piden "esperar a ver como queda a nivel estatal" a regulación "antes de lexislar a nivel autonómico".
  comenta   0
O sector de Podemos, Eu e Anova presume do espectacular crecemento do censo que xogaría ao seu favor e incide na “pluralidade” do seu modelo. O de Villares e as mareas municipalistas destaca a importancia de poñer o aceno no aspecto ideolóxico e nas esencias de En Marea, que se fundou sen a tutelaxe dos partidos políticos e cun perfil marcadamente galego.
  comenta   13
O novo líder de Podemos contará con secretarios afíns na maior parte dos municipios. Domenech vence en Santiago, o anticapalista Pastoriza, en Vigo; Antonio Villanueva, en Sanxenxo; e Eusebio Ónega, en Ames.
  comenta   1
En politica é importante tomar postura, é en Xuntos sempre o facemos. Temos claro que Podemos Galicia está morto, Carmen Santos Quiruga matouno, e non será fácil revivilo, e tampouco creo que sexa o que se queira facer desde Madrid.
  comenta   0
O candidato a liderar Podemos Galicia compromete "unidade" e "reencontro" e lamenta que os "círculos" se sentisen "abandonados" pola anterior dirección.
  comenta   1
Asegura que a dirección estatal limita a participación ao esixir a verificación de identidade, algo que non recolle o regulamento das primarias.
  comenta   5
Tende a man a Bescansa para integrala se el gana, pero coa condición de que "decida vir achegar a Galicia". Cre que Podemos ha de ser o "motor fundamental" do espazo de cambio e aposta por "implicar" o partido dentro de En Marea.
  comenta   7
Bescansa competirá, finalmente, con Antón Gómez-Reino, pola secretaría xeral deste partido en Galicia, tras falar con distintas correntes durante a tarde do luns e sondear as súas posibilidades.
  comenta   1
"Para poder dirixir unha organización é necesario coñecer o lugar onde esa organización ten implantación", indica o portavoz de En Marea
  comenta   0
Asegura que "o único" que vai facer a dirección estatal e a Secretaría de Organización é "garantir que ese proceso se leve a cabo con todas as garantías"
  comenta   0
O proceso de primarias da formación morada pode engadir máis inestabilidade ao fráxil equilibrio interno do partido instrumental e tamén prexudicar as candidaturas ás eleccións municipais de maio.
  comenta   9
O equipo que liderou a formación nos últimos dous anos e medio defende que Bescansa é unha "muller brava" con "lealdade e honestidade". Sería a opción para frear a alternativa de Antón Gómez-Reino.
  comenta   7
A actual secretaria xeral do partido morado en Galicia di que apoiará a proposta que defenda a actual liña de dirección, que se dará a coñecer este domingo, e que se enfrontará ao deputado portavoz do grupo de En Marea no Congreso.
  comenta   10
O deputado Antón Gómez-Reino aspirará a liderar Podemos Galicia e ofrécese a encabezar unha candidatura de unidade. Carmen Santos, actual secretaria xeral, aínda non anunciou se se presentará á reelección.
  comenta   1
A secretaria xeral de Podemos Galicia, fixa para decembro ou xaneiro o anuncio das candidaturas municipais, para as que Podemos mantén un diálogo "positivo" con outras formacións.
  comenta   4
Carmen Santos reitera o seu apio a Ferrol en Común, destaca "a unidade" como "o máis importante" e afirma que Podemos "non impón" o seu nome nas marcas electorais. "Apoiamos os proxectos onde gobernamos contra vento e marea", di.
  comenta   3
Carmen Santos censura que o presidente da Xunta represente "a gran aposta do PP para a modernidade e a rexeneración democrática".
  comenta   0
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, replicou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, quen o domingo pasado dixera que "ninguén a 600 km pode impor" a maneira na que se presentarían as Mareas ás eleccións de 2019.
  comenta   6
Di do equipo designado por Sánchez que ten "unha imaxe moi positiva que reilusiona á xente", pero empraza ao novo Executivo central a "cumprir" con Galicia en cuestións como a transferencia da AP-9 ou anular a prórroga a Ence.
  comenta   11
Avanza que a consulta ás bases sobre o futuro de Quinteiro será antes do final de maio e confía en que a deputada acate o resultado.
  comenta   11
A secretaria xeral de Podemos Galicia, expresou que a renuncia definitiva anunciada polo deputado de En Marea Xoán Hermida é "coherente" pero matizou que o pontevedrés "podería ter aforrado o ruído dos últimos días".
  comenta   17
Reitera que o mandato" das bases é que a formación morada estea "referenciada" nas candidaturas e que se concorra en formato de coalición. Cre, ademais, que Pablo Iglesias sae reforzado coa súa xestión das listas de Podemos Madrid.
  comenta   6
A secretaria xeral de Podemos Galicia confirma que o ex-secretario de Organización seguirá ligado ao partido e asegura que non houbo presións por parte da dirección estatal.
  comenta   10
Carmen Santos abre unha nova disputa de alcance dentro de En Marea e di que o proxecto "non funciona". Lembra que os inscritos da formación votaron polo modelo de coalición e ve fracasados os acordos fundacionais de Vigo. O novo órdago de Podemos non só afecta ao liderato de Villares, senón que tamén deixa nunha postura difícil a Anova, EU e aos chamados "concellos do cambio".
  comenta   15
A nova escalada bélica entre Villares e Carmen Santos escenifica un novo "esperpento" político dentro de En Marea. No fondo, o que busca un sector e o outro é facerse co control do "espazo político do cambio". Carmen Santos fala de “caza de bruxas” e de “Santa Inquisición”, Villares de "democracia" e "poder das bases". E, no fondo, máis municición para que continúe o esperpento xornalístico.
  comenta   34
A líder de Podemos en Galicia oponse a que os militantes de En Marea decidan sobre o futuro de Paula Quinteiro e asegura que é ela a que ten que tomar a decisión. “Eu non vou entrar nunha caza de bruxas que é propia do PP”, asegura. "Se a outros non lle gustan as siglas de Podemos --nas listas municipalistas--, terán que ver", engade.
  comenta   16
A líder deste partido en Galicia, Carmen Santos, traslada o seu apoio a deputada e di que a súa dimisión é "unha decisión persoal".
  comenta   3
Carmen Santos defende que Podemos é "un partido político autónomo" e esquiva as críticas de Beiras. A consulta do partido morado ás súas bases para as municipais e europeas comeza este mércores e o luns coñeceranse os resultados.
  comenta   10
Carmen Santos asegura que Podemos quere a Galicia ao nivel de País Vasco e Cataluña e di que ten que "estar" nun lugar relevante no debate territorial.
  comenta   8