Entre outras cuestións, apuntan que non se cumpre a "superficie útil mínima recomendada" das habitacións, que non hai visión directa "da totalidade dos recursos da sala" ou que existe unha "identificación inadecuada das alarmas nos monitores", ademais de "problemas ergonómicos" para os profesionais e formación "insuficiente" sobre as novas tecnoloxías do servizo.
  comenta   0
Nas oposicións á categoría de técnico en coidados auxiliares de Enfermaría a participación foi do 93,3 %, con 14 participantes dos 15 aspirantes admitidos. Desde a primeira convocatoria do ano 2018, o servizo sanitario galego xa conta con máis dun centenar de traballadores con algunha discapacidade.
  comenta   0
Repartiranse do seguinte modo: máis de 200 prazas de médico, máis de 700 de enfermaría, máis de 450 de auxiliar de enfermaría, máis de 120 de técnicos superiores sanitarios e máis de 100 de celadores.
  comenta   0